Enrique Banet / Dirección

Enrique Banet

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Enrique Banet
Enrique Banet
Dirección

Santiago de Compostela 1941   



Traballou para numerosos espazos de distintas televisións: TVE, Televisión Panamericana (Arxentina), Canal 13 de Buenos Aires e Televisa (México). Realizou varias series documentais para cine sobre o País Vasco, con Pío e Julio Caro Baroja. Foi director do Arquivo de Imaxe e Son de Galicia (1984-86). Na TVG comezou a finais dos oitenta. En 1989 realizou “Viva o Domingo”, un programa semanal de cinco horas de duración, realizado en directo. Foi creador, presentador e director, durante varios anos do programa “Terra” para a mesma canle. Na pequena pantalla autonómica popularizouno o espazo “Senda Verde”, que dirixiu, guionizou e presentou durante máis dunha década. Especialista en Agricultura Ecolóxica e Ecoconselleiro en Medio Rural polo Institute de Namurs (Francia), funda e preside desde 2002 a Fundación Galicia Verde (pola conservación do Medio Natural e a Sostenibilidade) así como a produtora homónima.

Premios e recoñecementos: Como premio extraordinario da súa promoción da E.O.C., foi convidado a realizar estudos sobre cine en cor nos laboratorios de AGFA-Gevaert (Bruxelas, 1973). Consegue os primeiros premios no Festival de Cine Etnográfico (Huesca, 1985),
polo carácter innovador no seu tratamento do cine etnográfico. O seu traballo en Senda Verde mereceulle ser nomeado finalista nos premios “The Princes’s Award” (Dinamarca, 1999), nos que competían televisións internacionais.


Formación específica: Licenciado como director de fotografía pola Escola Oficial de Cinematografía (E.O.C., Madrid, 1969-72). Titulado como realizador no I.R.T.F. (Instituto da Radio Televisión de Francia. París, 1973).

FILMOGRAFÍA

Documentos

CV de Enrique Banet
Unha breve recensión profesional do experimentado realizador.

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Enrique Banet

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Enrique Banet (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org